CRTVG

Buscar

Ana Pastor: "O Goberno debe asumir a súa responsabilidade na xestión da pandemia"

Publicado o 26/08/2020 15:17

Ana Pastor, vicesecretaria de Política Social do PP, intégrase na dirección do PP cun apoio maioritario. Dende a semana pasada volve integrar o núcleo principal na dirección do PP, que preside Pablo Casado.

Ana Pastor conversa no Bos días con Fran López Iglesias sobre diferentes asuntos de actualidade.

Sobre o estado de alarma "á carta" proposta polo presidente do Goberno, Ana Pastor di que as leis din que o "presidente do Goberno e o Goberno teñen responsabilidade na xestión da pandemia. Chegaron tarde pandemia e o grave é que volve actuar tarde e fano dunha maneira lamentable: eu quítome do medio e que a responsabilidade a asuma outro". Tiña que haber "unha norma clara, unha norma compartida, unha lei órganica, como é a lei de Medidas Extraordinarias en Saúde Pública, normas que poidan tomar todas as comunidades autónomas para que cumprindo esas normas non se precise un estado de alarma. Eu pediríalle ao Goberno que asuma as súas responsabilidades".

"Nós non somos muleta do Goberno", dixo Ana Pastor, referíndose a un posible apoio aos orzamentos, "somos a alternativa ao Goberno". Di que o PP lamenta a susencia de liderado na loita contra a covid-19.

Sobre o comezo do curso escolar, o PP esíxelle ao Goberno que aclare a volta ao colexio. Ana Pastor engade que o primeiro son medidas "que preserven a saúde dos nenos e que iso se ten que facer con criterios científico-técnicos, non políticos", e engade "hai que preservar a igualdade de oportunidades de todos os nenos do país".








 

Noticias web

26/08/2020