CRTVG

Buscar

Amplo dispositivo policial en Austria na busca de posibles terroristas vinculados co atentado de Viena

Publicado o 03/11/2020 20:38

Un amplo dispositivo policial, integrado por uns mil axentes, segue á busca en Austria de posibles terroristas que poidan estar vinculados coa cadea de atentados que se produciron onte en Viena. Os ataques deixaron polo momento catro persoas mortas e vinte e dúas feridas. Un dos atacantes, abatido pola policía, ía armado cun fusil de asalto. Era un simpatizante do grupo xihadista Estado Islámico, que xa asumiu a autoría do atentado, segundo precisou o Goberno austríaco.

Ata o momento realizáronse 14 detencións do círculo terrorista tras os rexistros realizados en Viena e na rexión da Baixa Austria. Esta cadea de ataques terroristas producíronse este luns, cando centos de persoas estaban nunha popular zona de bares de Viena, unhas horas antes do peche da hostalaría ordenado polo Goberno austríaco para frear a pandemia.


 

Noticias web

03/11/2020