CRTVG

Buscar

Amplíase a prórroga para pasar a ITV das licenzas caducadas durante o estado de alarma

Publicado o 18/05/2020 21:44

Os máis de 125.000 vehículos que circulan en Galicia coa ITV caducada porque lles expirou durante o estado de alarma terán máis tempo para renovala. Este sábado o BOE publicaba unha orde ministerial que ampía o prazo previsto ata agora e que era dun mes dende o remate do estado de alarma

Un coche ao que lle caduce a ITV hoxe tería de prazo para pasala 5 meses dende a fin do estado do alarma. Esta ampliación de prazos foi unha reclamación das propias ITV ao Ministerio de Industria Unha vez aceptada a ampliación, as estacións están convencidas de que poderán realizar a gran cantidade de revisións periódicas que quedaron pendentes e por iso chaman á tranquilidade ante a saturación do seu sistema de solicitude de citas nos últimos días.

A orde minsterial detalla tamén que os vehículos agrícolas terán de prórroga ata o 10 de novembro para facer a revisión.


 

Noticias web

18/05/2020