Amoreamentos nos mercados e, á hora do café, na rúa
Publicado o 26/11/2020 15:21
Mercado de Salgueiriños. Xente amoreada, sen cumprir as distancias de seguridade e tocando un tras outros todo o exposto ao público. Actos irresponsables, na actual situación, que se dan a diario noutros ambientes.
Por exemplo, coller un café para levar e tomalo en grupo, malia que sexa na rúa.
Sabemos a teoría e mantemos as distancias na ringleiras. Pero co café na man, a imaxe é ben diferente e esquécense as restricións.
Nos últimos días aumentaron as denuncias por saltar esta prohibición e por deixar os envases tirados pola contorna.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48