CRTVG

Buscar

Ameaza de peche e sanción a hostaleiros e clientes se non cumpren as normas de seguridade

Publicado o 13/05/2020 14:20

Fernando e Pablo son os propietarios de dous bares da praza de Vigo coruñesa. Abriron o luns, e ante a avalancha de clientes que non respectaban as marxes de seguridade, o martes decidiron pechar. Escenas de aglomeracións semellantes reproducíronse noutros moitos locais hosteleiros galegos.Quen non cumpra as normas de seguridade exponse a fortes sancións, xa sexa cliente ou hosteleiro.

Así que Fernando e Pablo toman as súas propias medidas antes de volver abrir.
Na rúa agroma a crítica aos comportamentos incívicos.

Só un quince por cento dos locais de hostaleiros galegos abriron nestes primeiros días.





 

Noticias web

13/05/2020