Amaina o temporal no Mediterráneo, pero continúa o risco de inundacións
O temporal que afecta boa parte do Mediterráneo amaina, pero mantense a alerta por inundacións en Cataluña. Na últimas horas restableceuse a circulación na maioría das estradas cortadas pola intensa chuvia e o temporal derrubou dunha parte do peirao do porto valenciano de Sagunto. O temporal que descargou con forza na Comunidade Valencia, Cataluña e as illas Baleares perdeu intensidade, pero mantense nalgunhas zona a alerta por inundacións.
Os rexistros de chuvia superan os 100 litros mor metro cadrado no litoral catalán e en Barcelona capital caeron entre 60 e 90 litros.
As chuvias aínda causan atrasos nos trens de proximidades e no metro. Ata media mañá, o teléfono de emerxencias 112 tiña rexistradas máis de 600 chamadas por incidencias causadas polo temporal. Dúas estradas permanecen pechadas ao tráfico por inundacións en Xirona e outra por un desprendemento en Barcelona.
Na provincia de Tarragona 1.300 veciños permanecen sen subministración eléctrica.
Na Comunidade Valenciana a chuvia provocou a derruba de parte do embarcadoiro do porto de Sagunto e na illa de Mallorca recuperouse o tránsito por seis das sete estradas que permanecían pechadas.