CRTVG

Buscar

Alumnos de Foz aprenden a coñecer os cogomelos

Publicado o 22/10/2019 14:49

Daniel Carballeira ten quince anos, estuda cuarto da ESO e coñece os cogomelos perfectamente. Non todos, pero si os máis frecuentes. Cóntanos que sae moito cos seus pais e avós ao monte, por iso ten coñecementos de micoloxía.

Coñecementos que comparte cos seus compañeiros, que hoxe están aprendendo que os cogomelos non se poden coller a monte, que hainas que cortar con coidado.

Canda estes alumnos de bacharelato tamén van os alumnos dos ciclos de cociña e servizos que hai no IES de Foz. Eles son quen van preparar os cogomelos que recolleron hoxe.

Os profesores queren que coñezan o valor culinario dun produto que ata hai pouco era o gran descoñecido da cociña galega.

Ademais, saír ao monte é unha actividade moi interesante.

O xoves van cociñar os cogomelos no centro para todos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019