CRTVG

Buscar

Alugar un barco por días, unha opción para as vacacións na era do coronavirus

Publicado o 10/06/2020 21:48

Soltar amarras, deixar terra firme e respirar mar lonxe de aglomeracións. Alugar un barco, é un plan de vacacións que algúns xa tiñan en mente desde hai tempo, pero despois do confinamento parece que gaña adeptos.

Embarcacións de doce metros coma esta, con tres camarotes, cociña, baño, barbacoa, son opcións de vacacións flotantes con opción de durmir cada noite nunha cala, sen pisar terra nin manter contacto con ninguén.

Os de auga son aloxamentos alternativos, onde é posible buscar novos horizontes, en tempos de aguas digamos pouco claras.

Noticias web

10/06/2020