CRTVG

Buscar

Alternativas para pasar a Noitevella

Publicado o 31/12/2019 14:42

Nun restaurante de Santa Cruz preparan as mesas para os douscentos comensais que hoxe se xuntan alí para despedir o ano. Non vai faltar nin o menú de primeira nin a música en directo.

Para os que son máis de empezar a festa despois de cear coa familia ou os amigos, as alternativas multiplícanse. Dende as discotecas, salas de festas ou zonas de viños máis concorridas pola xente nova, ata lugares coma este, o Liceo de Ourense, que leva décadas celebrando a súa festa de fin de ano

Xa saben, elixan o que elixan, o importante é darlle a benvida o 2020 como merece, e cargarse de bos propósitos para o ano que entra.

Noticias web

31/12/2019