CRTVG

Buscar

Almuíña reclámalle á ministra de Sanidade máis prazas MIR para Galicia

Publicado o 04/02/2019 20:25

Sanidade volve pedirlle ao Ministerio novas prazas MIR para Galicia. Fíxoo o conselleiro Jesús Almuíña no encontro que tivo esta tarde coa ministra María Luísa Carcedo. Galicia precisaria 13 prazas MIR máis na especialidade de Familia. Pasar de 111 a a 126. Tamén en pediatría, especialidade en que Galicia podería asumir seis prazas máis. Almuíña pídelle ao Ministerio que se axilicen os trámites para poder ofertar estas prazas na próxima convocatoria.




 

Noticias web

04/02/2019