Almuíña califica de "oportunidade histórica" a creación dos grupos de mellora da Atención Primaria
Publicado o 08/02/2019 23:26
O conselleiro de Sanidade non se referiu directamente aos médicos que abandonaron os grupos de mellora para reformar o modelo da Atención Primaria. Vázquez Almuíña si que cualificou a creación destes grupos como unha oportunidade histórica para buscar solución entre todos e aos profesionais que participan agradeceulles o seu traballo.
Foi na inauguración dunhas xornadas de medicina familiar na Coruña. O conselleiro de Sanidade destacou tamén a vontade do Goberno galego de apoiar todas as medidas que sexan beneficiosas para a mellora da Atención Primaria.
Máis sobre actualidade
21/01/2021 16:01