CRTVG

Buscar

O alcalde de Madrid, Martínez-Almeida, pedirá que levanten o estado de alarma

Publicado o 11/10/2020 21:09

En Madrid, a Comunidade de Madrid segue coa súa estratexia de restrinxir áreas de saúde para reducir os contaxios

O alcalde de Madrid agradeceu o comportamento dos cidadáns nesta primeira fin de semana baixo o estado de alarma. Cre que actuaron con responsablidade e que os controis policiais foron desproporcionados. Martínez-Almeida lembra que o estado de alarma é unha medida excepcional que non debe manterse se se cumpren os requisitos.

José Luis Martínez-Almeida Alcalde de Madrid: "Voulle pedir a Pedro Sáchez que decaia o estado de alarma en Madrid no momento en que se deixen de cumprir calquera das condicións que puxo o Ministerio de Sanidade, estabilización da situación, 35 por cento das camas UCI e máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes..., por unha razón, porque o trato ten que ser igual para todos".

Mentres, o Goberno de Díaz Ayuso continúa coa estratexia de confinar áreas sanitarias. Este luns entran en vigor restricións de movementos en catro zonas de saúde dos concelllos de Coslada, Arganda, Colmenar e Collado Villalba.

Os veciños teñen diversas opinións: "Esa parte si e esa non, eu estou na parte confinada, deberiamos ser todos". "Que pasa, que os desta zona non están infectados? Estarán iugal que os da outra, paréceme un absurdo". "Tocounos na parte boa, pero vai dar igual porque se os da parte confinada non poden vir ao establecemento, todos saímos prexudicados".

Os alcaldes socialistas de Coslada e Arganda del Rey xa lle pediron ao Goberno de Madrid que confine todo o municipio porque a taxa de contaxios, din, é semellante en toda a localidade.

Noticias web

11/10/2020