CRTVG

Buscar

Alivian ao nivel medio as restricións na área da Coruña a partir deste luns

Publicado o 07/03/2021 19:53

A partir do luns, a maioría dos concellos da área sanitaria da Coruña-Cee pasan a nivel medio e ven suavizadas as restricións. Xa se poderá consumir no interior de bares e restaurantes, co límite do 30 % de capacidade. Tamén se gaña en mobilidade.

Permítense desprazamentos a calquera punto de Galicia que estea no mesmo nivel. Na rúa, más dun coincide en que o importante é manter o sentidiño e cumprir coas medidas hixiénicas.

Só catro concellos da área sanitaria quedan excluídos das medidas de alivio por estaren en risco alto: Miño, Arteixo, Ponteceso e Sobrado.

Noticias web

07/03/2021