CRTVG

Buscar

Algunhas estacións de servizo abren para os transportistas

Publicado o 30/03/2020 14:33

Transportistas e condutores botan en falta estes días lugares e servizos que os axuden no seu día a día. Por iso algunhas estacións de servizo, garantindo as medidas de seguridade, abren as súas tendas e os seus baños para os que levan días sen poder pasar pola casa.

Lavar o camión despois de quilómetros de estrada e mercar algo quente para seguir coa túa ruta é un ben escaso que notan a diario os transportistas que estes días teñen que poñerse ao volante.

Gasolineiras coma esta do Porriño traballan a pleno rendemento precisamente para mellorar as condicións daqueles que pasan moitas horas na estrada. Cumprindo con todas as normas de seguridade, seguen garantindo servizos tan necesarios como o de poder ir ao baño ou vender algo quente para levar.  

Dende esta estación de servizo do Poriño tamén se serve café gratis para o persoal sanitario que se despraza en ambulancia, para membros da Policía Local e da Garda Civil, quen tamén estes días deben estar fóra das súas casas.

Unha maneira de facilitarlles o traballo aos que circulan polas estadas na soidade da súa particular rutina. 

 

Noticias web

30/03/2020