CRTVG

Buscar

Alfredo Conde novela a historia de catro amigos irlandeses que fixeron o Camiño por mar

Publicado o 27/12/2019 23:06


Recíbenos na súa casa de Brión, en terra. Porén o seu pasado está no mar. O seu presente en Homes de ferro, a novela en que navega pola aventura destes catro amigos irlandeses que nun bote tradicional fixeron o Camiño desde Dublín. Escribe Alfredo Conde " Nós camiñamos polo mar" Tamén escribe que "navegar implica un risco e unha aventura". A mesma que supuxo para el esta novela

Difícil porque sabe o escritor que mentres se boga non se fala. De aí que queira deixar claro que parte dunha realidade, pero que non é biógrafo. A ficción mestúrase coa realidade en case cadernos de bitácora do capitán do barco pero sen esquecerse do resto da tripulación
Reflectidos ou non, calquera lector ou tripulante pode aprender moito da historia do país, dos nosos costumes e do mar. Un mar que serve de nexo entre irlandeses e galegos, que acaban por atopar un espírito común. No mar desta aventura deixou a vida o capitán, confesa Alfredo Conde que escribir a novela foi roubarlle unha vida á morte. E ollo, porque mentres Homes de Ferro xa se traduce ao español e ao inglés, o escritor padexa forte para roubar a seguinte.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019