CRTVG

Buscar

Alfonso Rueda: "O material que nos dá o Goberno central non é suficiente"

Publicado o 23/03/2020 15:04

Unha e outra vez a Xunta reclama ao Goberno central o envío de material de protección. Chegaron á nosa comunidade 85.000 máscaras dende que se activou o estado de alarma, unha cantidade insuficiente tendo en conta que a Sanidade galega consome cada semana 250.000 máscaras.

A Xunta decidiu volver a comprar material directamente e está xa en marcha un pedido de 8 millóns de máscaras que se agarda que comecen a chegar a partir de mañá, martes.

Ademais, o Goberno galego puxo en marcha brigadas que dende hoxe desinfectarán os centros sanitarios e residencias de concellos pequenos.

Ademais, a Xunta vai enviar esta semana 15.000 máscaras e 100.000 pares de guantes aos concellos máis pequenos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/03/2020