CRTVG

Buscar

Alertan dos riscos dos kits antirresaca que conteñen medicamentos

Publicado o 31/12/2019 13:41

Non hai milagres, nin receitas máxicas, por moito que os anuncios dos kits antirresaca prometan ser a cura ao malestar tras unha noite de excesos. Algúns conteñen medicamentos, como omeprazol, ibuprofeno ou paracetamol, que poden interferir con outros tratamentos. E non só iso.

"Unha persoa que teña xa unha inxesta elevada de alcol ten o fígado algo tocado, se engadimos un medicamento que teña unha metabolización alta para o fígado, complicámolo aínda máis. Todo este tipo de medicamento debe sempre estar dispensado por un farmacéutico", explica Pilar Martínez de la Riva, farmacéutica.

Din que o único que funciona contra a resaca é a prevención, beber menos alcol e máis auga.

"É moi importante beber auga antes, durante e despois. Cando se bebe alcol, debe beberse auga. Axuda a que non sexan tan graves as consecuencias".

E, sobre todo, insisten, hai que fuxir dos excesos para espertar sen molestias tras unha noite de troula.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/12/2019