CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Alertan dos perigos dos plásticos no mar

Publicado o 08/06/2018 21:18


España é o segundo país que máis residuos verte ao mar, e unha das principais ameazas son os plásticos. Cada ano vertemos unhas oito toneladas deste material que contamina os mares e mata máis dun millón de especies mariñas. Son datos para estar alerta, neste Día Mundial dos Océanos.

Vivimos rodeados de mar e precisamos dos océanos para vivir. Pero non é menos certo que utilizamos esta fonte de vida como un auténtico depósito de lixo. Vertidos que xeran, principalmente as cidades e as zonas industriais, toneladas de plásticos que ameazan a supervivencia de moitas especies mariñas.

"Os restos de pequenos microplásticos poden entrar na cadea trófica"

Os expertos advirten da necesidade de tomar medidas para reverter esa situación. Desde Salvamento Marítimo acaban de poñer en marcha unha campaña informativa con consellos para gozar do mar con seguridade.

"Limitar o uso de plásticos e evitar que poidan chegar ao mar van axudarnos a todos"

A creación de áreas mariñas protexidas e a consumición só do peixe que proceda de fontes sostibles completan as recomendacións neste Día Mundial dos Océanos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

08/06/2018