CRTVG

Buscar

Alertan da toxicidade dos cogomelos que proliferan polo tempo nas cidades

Publicado o 26/11/2019 14:34

Os máis perigosos poden chegar a matar en corenta e oito horas. Medraron coa chuvia máis intensa e continua das últimas décadas e agora nacen en parques e xardíns públicos. Son fungos contaminados.

As esporas agardan milleiros de anos ata atopar as mellores condicións para xerminar, por iso esta proliferación de cogomelos nas zonas verdes das cidades, pero poden ser velenosos, conteñen tóxicos e metais.

En calquera camiño, os fungos son vida e cumpren unha función, pero os que nacen urbanos, nin tocalos, nin comelos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/11/2019