Aviso laranxa na cunca do Miño de Pontevedra e Ourense onde se poden superar os 40 graos
Publicado o 18/07/2020 16:08
O sol sobre o Miño en Ourense avisa que hoxe pode ser unha das xonradas máis calorosas do que vai de verán. A mediodía o termómetro xa superaba os 31 graos e o aviso por altas temperaturas é hoxe laranxa en toda a cunca do Miño de Pontevedra e Ourense.
Moita calor que para uns é case insoportable, outros gozan do sol ou dos paseos pola mañá e para outros é...
E mentres uns buscan a sombra outros xa pensan en escapar da cidade.
Pero a calor aperta non só na cidade. Ata as nove da noite a alerta laranxa pode disparar os termómetros por riba dos 40 graos, en puntos como A Arnoia, Leiro e Ourense. E xa saben, busquen refuxio, hidratarse moito e protexerse do sol nas horas centrais.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 14:23
27/01/2021 14:15
27/01/2021 14:02