CRTVG

Buscar

Alerta alimentaria por presenza de listeria nun queixo distribuído por Lidl en Galicia

Publicado o 19/10/2020 20:16

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria alertou da presenza de listeria nun queixo de cabra elaborado nos Países Baixos En concreto, trátase do lote 412, con data de caducidade o próximo 6 de novembro, do queixo rulo de cabra.

O produto foi comercializado polo supermercado Lidl en varias comunidades autónomas, entre elas Galicia. Recoméndase aos que teñan en casa este produto que se absteñan de consumilo e que o devolvan ao supermercado.

Noticias web

19/10/2020