CRTVG

Buscar

Alcol e as drogas ao volante: a Policía Local de Rianxo advirte do risco nun impactante vídeo

Publicado o 24/12/2020 13:55

Entre as múltiples accións que leva a cabo ao longo do ano a Policía Local de Rianxo para educar en seguridade viaria, a campaña de Nadal xa se converteu nunha tradición.

"Ti decides" busca concienciar dos riscos de conducir baixo os efectos do alcol e as drogas e este ano incorpora ademáis as medidas fronte á pandemia.

A curtametraxe, protagonizada por Eva Iglesias e Duarte Galbán, comeza coas risas e brincaderias de dous mozos rianxeiros que acaban de coñecerse.

Pouco a pouco o fío argumental vai adquirindo tons dramáticos. As risas tornan en bágoas e o impactante final seguro que removerá conciencias.


 

Noticias web

24/12/2020