CRTVG

Buscar

Alcoa prorroga seis semanas as consultas do ERE mentres negocia a venda

Publicado o 13/08/2020 14:58

Finalmente, a multinacional Alcoa acepta prorrogar as consultas do ERE ata o 28 de setembro. Ata ese día, a compañía comprométese a manter a produción coas cubas en marcha e a negociar a venda da factoría ao grupo británico Liberty House, unhas negociacións das que terá que ir informando á Administración central, á autonómica e aos traballadores.

Para José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao, "ábrese un período de seis semanas que agardamos sexa frutífero para unha venda e que consigamos seguir funcionando durante moitos anos coa electrólise e as cubas ata xubilarnos, para que a Mariña lucense teña futuro e unha economía viable".

Se non se consuma a venda da planta, empresa e traballadores terían que volver sentar para negociar un ERE que afectaría 534 traballadores. A Xunta agradece a vontade de diálogo das partes e cualifica o acordo como unha nova oportunidade para dar unha solución a un milleiro de familias.

Noticias web

13/08/2020