CRTVG

Buscar

Alcoa fala de "demandas non razoables" de Liberty para a compra da planta de San Cibrao

Publicado o 01/09/2020 17:43
Alcoa fala de "demandas non razoables" de Liberty para a compra da planta de San Cibrao

E as negociacións para a venda da factoría de Alcoa en San Cibrao continúan encalladas. A multinacional asegura que ofrece a factoría de aluminio polo prezo simbólico dun euro. Ademais ofrece achegar ata 110 millóns de dólares para cubrir custos e garantir o futuro da planta. Nun comunicado, Alcoa asegura que Liberty, o fondo interesado na compra da factoría de aluminio, non acepta e esixe 170 millóns. Desde o comité de empresa prognostican que o proceso de negociacións será duro e acusan a Alcoa de non querer vender a factoría.

Noticias web

01/09/2020