CRTVG

Buscar

Alcoa advirte que será "inviable" producir aluminio en España co novo estatuto proposto polo Goberno

Publicado o 20/02/2020 20:53

A dirección de Alcoa, propietaria da fábrica de San Cibrao, acaba de sacar un comunicado en que advirte que co estatuto das electrointensivas do Goberno non vai poder producir aluminio en España.

No mesmo sentido que onte fixo Alu Ibérica, a multinacional do aluminio di que o estatuto non mellora as cousas e que non garante un prezo competitivo da enerxía.

Alcoa avanza que este ano tamén terá perdas, igual que nos exercicios de 2018 e 2019.

Noticias web

20/02/2020

Máis sobre Cervo