CRTVG

Buscar

Alcaldes galegos e portugueses piden que se reabran as fronteiras

Publicado o 05/05/2020 08:51

Alcaldes de Galicia e de Portugal pediron que se reabran os pasos fronteirizos e que a desescalada se faga de maneira sincronizada.

Os rexedores cren que se isto non se fai dun xeito concertado, o comercio de ambos os dous lados quedaría seriamente danado.

Os alcaldes galegos cren que nestes momentos é máis importante sincronizar a desescalada cos seus veciños do norte de Portugal que con Andalucía.

O presidente de Extremadura dixo, pola súa banda, que a fronteira con Portugal abriría o próximo oito de xuño.

Noticias web

05/05/2020