CRTVG

Buscar

Albiol recupera a alcaldía de Badalona ao rexeitar Guanyem a proposta do PSC

Publicado o 12/05/2020 13:50

O ex-alcalde de Badalona Xavier García Albiol, candidato do PP á alcaldía, recupera o bastón de mando da cuarta cidade de Cataluña en poboación despois de que fracasaran as negociacións entre o PSC e a candidatura liderada pola CUP Guanyem para formar un goberno que substituíse a Àlex Pastor. O ex-edil socialista presentara a súa dimisión tras ser detido por saltar o confinamiento durante o estado de alarma, ír ébrio e agredir dous policías.

O popular García Albiol foi o candidato máis votado nas eleccións municipais do 2019, con 37.000 votos e 11 concelleiros, lonxe da maioría absoluta, que é de catorce en Badalona. Foron trece mil papeletas máis que as de Guanyem, liderada pola ex- alcaldesa Dolors Sabater, e case o dobre que a do PSC, en que figuraban o dimitido Pastor e Rubén Guijarro, quen pretendía suceder a Pastor.

Ao non alcanzaren un acordo entre as forzas de esquerda e os independentistas que permitise acadar a maioría absoluta, a alcaldía volve ás mans do candidato do PP, por ser o máis votado.