CRTVG

Buscar

Alberto Núñez Feijóo (PPdeG) séntese orgulloso da participación dos galegos nestes comicios

Publicado o 12/07/2020 12:03

O candidato do PPdeG á reelección como presidente da Xunta, di que se sente "orgulloso do pobo galego" pola súa participación nesta xornada electoral, a primeira que se produce despois do estado de alarma provocado pola crise do coronavirus.

Alberto Núñez Feijóo animou a que todos participen para decidir quen gobernará a comunidade autónoma nos próximos anos, "un futuro que non é facil, con incertezas, pero do que imos saír máis cedo que tarde".

Noticias web

12/07/2020