CRTVG

Buscar

Alberto Núñez Feijóo apela ao voto útil no mitin celebrado este sábado na vila de Teo

Publicado o 13/04/2019 15:26

O Partido Popular de Galicia celebrou este mediodía un mitin en Teo no que Alberto Núñez Feijóo apelou ao voto útil e pediu un goberno central que respecte a Galicia, que non destrúa emprego e non teña tratos co independentismo.

· Rajoy en Pontevedra

Este venres o Partido Popular de Galicia celebrou un mitin en Pontevedra en que participou o ex-presidente do Goberno Mariano Rajoy para arroupar a candidata o Congreso por esta Provincia, Ana Pastor. Todos comparecentes salientaron o seu legado. Rajoy apelou a despempatar as enquisas e inisistiu en que o Partido Popular acadou 37 victorias na provincia porque, salientou, os populares gobernan para solucionar os problemas da xente.

· Pablo Casado en Valladolid

Pablo Casado sinalou en Valladolid que Pedro Sánchez é un auténtico perigo público para España, porque os seus aliados, entre os que citou a Torra, Puigdemont e Junqueras, queren, dixo, destruír o país e convertelo nunha república bananeira, sen seguridade xurídica e coas leis axeitadas ás súas conviccións e intereses.

Noticias web

13/04/2019