CRTVG

Buscar

Albert Rivera insinúa o seu apoio a Arrimadas, pero sen facelo explícito

Publicado o 02/03/2020 14:59

E en pleno pulo interno pola sucesión de Albert Rivera, precisamente hoxe reaparecía en público o ex-líder do partido.

Case catro meses despois de anunciar a súa dimisión como presidente de Ciudadanos, Rivera daba unha rolda de prensa para explicar a súa fichaxe polo despacho de avogados Martínez-Echevarría, onde ocupará a presidencia executiva. Dixo que aborda con ilusión o seu regreso á empresa privada, e non quixo opinar abertamente sobre a súa sucesión no partido, pero deslizou o seu apoio a Inés Arrimadas.

Noticias web

02/03/2020