CRTVG

Buscar

Airbus recortará 630 empregos en España en dous anos

Publicado o 20/02/2020 14:47

Airbus vai afrontar unha reestruturación de persoal tras os malos resultados dos últimos exercicios. A dirección do consorcio aeroespacial pretende reducir en dous anos máis de 2.300 postos de traballo en toda Europa, dos que 630 serían en España.

Airbus abre agora un período de negociación cos sindicatos para mitigar o impacto desta decisión. Comisións Obreiras e UXT propoñen redistribuír a carga de traballo para evitar os despedimentos. A división de Defensa é a máis castigada polos recortes.

 

Noticias web

20/02/2020