CRTVG

Buscar

Airbus despedirá 15.000 persoas en todo o mundo, 1.600 en España

Publicado o 16/09/2020 15:09

O xigante aeronáutico Airbus confirma que vai suprimir 15.000 empregos en todo o mundo. Hai recortes en Francia, Alemaña e tamén en España, onde vai afectar 1.600 empregos.

A metade dos despedimentos serán na planta de Xetafe, segundo transmitiu a dirección da empresa aos traballadores nunha carta interna. O conselleiro delegado de Airbus dilles que non van chegar as saídas voluntarias acordadas e que van ser necesarios máis axustes. E é que a produción de Airbus caeu o corenta por cento pola pandemia.

A crise do coronavirus está a golpear aeroliñas como Rynair, Vueling e Iberia, que perderon 15 millóns de pasaxeiros en España nun verán negro.

Noticias web

16/09/2020