CRTVG

Buscar

Agride un Garda Civil nun control na AP-9 cando ía bébedo e sen carné

Publicado o 22/10/2019 18:02
Agride un Garda Civil nun control na AP-9 cando ía bébedo e sen carné

O vehículo que conducía o detido circulaba á altura do punto quilométrico 31 en dirección á cidade de Ferrol. Segundo a Garda Civil, o individuo carecía de permiso de conducir, deu unha taxa de alcol de 1,18 miligramos en aire expirado, negouse a realizar as probas de detección de drogas e agrediu un garda.

A Garda Civil detivo na AP-9, ao seu paso pola localidade coruñesa de Fene, un home tras verse implicado nun accidente de tráfico polo que o responsabilizan de catro delitos distintos. Os feitos ocorrerían a pasada fin de semana nas inmediacións do túnel do Sartego.

Finalmente, tamén chegou a agredir un garda. O corpo de seguridade, que remitiu as dilixencias correspondentes, lembrou que os "delitos aos que se enfronta o condutor carrexan penas de prisión de ata dous anos, ademais de severas multas, cuxa contía determinará o titular do xulgado".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí