CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Agricultores da Limia únense ás tarefas de desinfección

Publicado o 23/03/2020 14:23

Moitos agricultores da Limia colaboran nas tarefas de desinfección coa súa propia maquinaria. Esta mañá os ofrecementos para axudar eran moitos, segundo confirmaban ao pé do canón, porque todos querían botar unha man ante unha situación tan difícil.

Non vale calquera máquina, requírense unhas especificacións determinadas. Segundo explicaban algúns deles, dedicados ao cultivo da pataca, é necesario un depósito de mil litros de auga en que se disolve hipoclorito de socio, a coñecida lixivia.

Esta é a súa forma de achegar axuda na loita contra a extensión da pandemia de coronavirus.