CRTVG

Buscar

Agriden en Madrid un bombeiro de Vigo ao confundilo cun independentista

Publicado o 20/10/2019 20:04
Agriden en Madrid un bombeiro de Vigo ao confundilo cun independentista

Miguel Ucles, bombeiro de Vigo e presidente da Plataforma de Bombeiros Públicos, recibiu onte unha malleira en Madrid despois de participar nunha manifestación de bombeiros. Segundo denunciou, os agresores achegáronselle e bateron nel porque o confundiron, segundo din, cun independentista.

Ucles é enlace sindical da CIG e un dos voceiros habituais dos seus compañeiros do parque de bombeiros de Vigo. Asegura que o grupo de radicais bateron nel despois de berrarlle "independentista de merda". Pensa que o confundiron polas bandeiras que levaba e pola camiseta coa que participou na manifestación de bombeiros. Asegura estar ben e que foi máis un dano moral ca físico.