CRTVG

Buscar

Agasallar produtos galegos, en galego, unha opción de calidade

Publicado o 24/12/2019 14:59

Pode facerse online, existen ducias de páxinas, ou en calquera das tendas que venden todo tipo de produtos galegos. Plataformas como Agasallo.eu impulsada pola coordinadora de traballadoras de Normalización da Lingua, compila, difunde e recomenda agasallos en galego. Unha axuda por se precisamos inspiración. Outra opción é achegarse directamente a unha tenda.

Artesanía, moda, xoiaría, música, libros ou produtos gourmet que, desde a tradición chegan á excelencia, como as conservas, consideradas entre as mellores do mundo.

Agasallar en galego unha opción que transmite país.

Noticias web

24/12/2019