Apertas con sabor a despedida para Anquela
Publicado o 04/10/2019 20:40
O club barallou botalo hoxe mesmo despois da desfeita de onte, pero decidiu agardar ao que aconteza o domingo contra o Almería. Reparen agora nas imaxes que esta mañá captaban as nosas cámaras no adestramento do Deportivo en Abegondo. Somma fúndese nunha aperta agarimosa co técnico xienense. Deseguido era Koné quen se achegaba a Anquela. Imaxes que soan a despedida dun adestrador que non dá corrixido o rumbo dun Deportivo que xa é penúltimo.
"Eu estou sufrindo máis, máis que o primeiro deportivista, máis. Porque esta é a miña vida e porque me entrego en cada adestramento, entrégome en todo o que fago ao máximo", dixo Anquela.
Máis sobre actualidade
14/04/2021 21:44