CRTVG

Buscar

Adif licita por 20 millóns a renovación da catenaria Ourense-Monforte

Publicado o 03/10/2019 17:35
Adif licita por 20 millóns a renovación da catenaria Ourense-Monforte

O Boletín Oficial do Estado publica este xoves o anuncio polo que Adif licita as obras para a renovación completa da catenaria no tramo ferroviario que comunica Ourense con Monforte de Lemos, cun orzamento de 20,3 millóns de euros e un prazo de execución de 20 meses.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembrou que o Consello de Ministros autorizou o pasado día 20 de setembro ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de Adif, a renovación total da liña aérea de contacto (catenaria) no tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos (Lugo).

Trátase, lembrou, dunha obra "clave para que os servizos ferroviarios" ata a capital lucense "poidan beneficiarse das prestacións da liña de alta velocidade Madrid-Galicia".

Máis sobre Monforte de Lemos