CRTVG

Buscar

Acusan de maltrato animal un veciño de Redondela dono de dous cans desnutridos e con feridas

Publicado o 25/10/2019 11:36

Localizan dous cans abandonados, totalmente desnutridos e con feridas graves, en Redondela. O dono foi denunciado pola Policía Local. Interviñeron os animais, de raza bóxer e bulldog francés, nunha propiedade da parroquia de Reboreda, nunha situación deplorable, extremadamente delgados e famentos.

A Policía Local rescatounos e levounos ao Centro de Acollida e Protección da Deputación de Pontevedra. O caso foi trasladado ao Xulgado de Redondela para que tome as medidas pertinentes. O dono dos cans está acusado dun presunto delito de maltrato animal.

Noticias web

25/10/2019

Máis sobre Redondela