CRTVG

Buscar

Acusados de homicidio os policías que mataron o galego Marcio Pérez no Brasil

Publicado o 09/01/2019 21:02

A familia de Marcio Pérez, o economista orixinario de Ponte Caldelas asasinado en Salvador de Baía o pasado mes de setembro, ultima unha viaxe ao Brasil para visitar as dúas fillas menores de idade que quedaron orfas. E irán coa boa nova de que a Fiscalía de Brasil acusa de homicidio os dous policías militares que supostamente perseguiron e tirotearon o home de 41 anos no seu coche. Tamén están acusados de intento de homicidio da muller que o acompañaba no coche.

A familia de Marcio Pérez non ten maás ca boas palabras para o traballo das autoridades galegas e do cónsul español en Salvador de Baía, e recoñece que moitísimos casos coma o do seu sobriño quedan no esquecemento no Brasil.

Malia que o Ministerio Público sospeitou dende o primeiro momento da versión dos policías acusados do asalto, estes non foron expulsados do corpo e seguían facendo labores de oficina ata a súa detención, hai uns días.

 

Noticias web

09/01/2019