CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio forestal que queimou 66 hectáreas en Verín

Publicado o 02/04/2019 20:22
Estabilizado o incendio forestal que queimou 66 hectáreas en Verín

O incendio forestal que se iniciou este martes no termo municipal de Verín xa quedou estabilizado. onde queimou unhas 60 hectáreas de superficie. Segundo Medio Rural, foron calcinadas unhas 66 hectáreas. O lume comezaba ás 15,39 horas na parroquia de Vilamaior do Val, en Verín.

Para o seu control mobilizáronse un técnico, seis axentes, oito brigadas, tres motobombas e cinco helicópteros, concretou o departamento de Medio Rural.

Extinguido o incendio de Muras

Mentres, o incendio forestal que se iniciou ás 2,21 horas deste martes no municipio de Muras, Lugo, xa foi extinguido. As últimas estimacións sitúan a superficie afectada en 25 hectáreas de monte raso. No seu control traballaron dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, cinco motobombas, unha pa e un helicóptero.

Extinguido o de Palas de Rei

Pola súa banda, ás 14,25 horas deste martes quedou extinguido o lume declarado ás 19,18 horas do luns na parroquia de Pambre, en Palas de Rei, Lugo. Debido a este incendio ardeu unha superficie de 35 hectáreas, de elas 14 de monte arborizado e 21 de raso. Para extinguilo mobilizáronse seis axentes, 14 brigadas, seis motobombas, dúas pas e seis helicópteros.

Noticias web

02/04/2019