CRTVG

Buscar

Actividade intensa na reapertura dos salóns de peiteado, que piden ampliar a capacidade

Publicado o 04/05/2020 14:01

Julia volveu abrir hoxe o seu salón de peiteado no Milladoiro coa metade do cadro de persoal. Eran 8 empregadas e só poden traballar 4 polo límite de acollida, así que as demais están nun ERTE. Foi unha reapertura a contra o reloxo para poder dispoñer de todas as medidas de seguridade e protección esixidas.

Hoxe instalará tamén pantallas entre os lavacabezas e habilitou unha sala individual para atender persoas de risco. Julia ten unha lista de espera de máis de 300 persoas, pero teme, como moitos profesionais do sector, pola viabilidade do negocio, sobre todo polo estrito límite de acollida.

Os datos falan por si sós: antes da pandemia, 4 profesionais podían atender nun día 50 persoas. Hoxe só atenderán 24.

Noticias web

04/05/2020