CRTVG

Buscar

Activado o bono turístico para persoal sociosanitario

Publicado o 28/07/2020 21:24
Activado o bono turístico para persoal sociosanitario

Dende primeiras horas deste martes está activo o bono turístico para o persoal sociosanitario. Posto en marcha pola Xunta en colaboración co Clúster Turismo de Galicia, está dotado con 5 millóns de euros.

As solicitudes poden realizarse ata o vindeiro 30 de novembro, e a súa concesión será por orde de inscrición. A iniciativa pretende fomentar o turismo íntegro e impulsar a recuperación da economía.

Noticias web

28/07/2020