CRTVG

Buscar

Activado desde o mediodía un aviso laranxa por ondas en todo o litoral galego

Publicado o 09/12/2018 21:53

Predición meteorolóxica para as próximas horas

• A partir do martes, unha nova borrasca traerá chuvia a Galicia

Dende este mediodía está activado un aviso laranxa por ondas. María Calvo, cales son as zonas máis afectadas?

Hai moito mar en todo o litoral galego pero onde están peor as cousas é na costa da Coruña e na Mariña de Lugo. Alí o aviso é laranxa, ou de risco importante, por ondas que poden andar entre os 5 e os 6 metros de altura.

Nas Rías Baixas, a altura de onda é de 4 a 5 metros e están en aviso amarelo. Prevese que a situación vaia mellorando este luns ao longo do día aínda que tanto a AEMET como Meteogalicia manteñen os avisos para a primeira metade da xornada.

 

Noticias web

09/12/2018