CRTVG

Buscar

Activada a alerta amarela en Portugal por mor da calor

Publicado o 26/05/2020 21:12

Xa dende ben cedo o sol aperta con forza. É inusual que no norte, por exemplo, se superen os 30 graos de temperatura nesta altura do ano. Na zona do Porto chegarán aos 32, pero no centro do país prevese pasar dos 35.

É por iso que toda a costa portuguesa está en alerta amarela por altas temperaturas, o que convida por outro lado a que os portuguesas, e dicimos só portugueses porque non hai turistas, se acheguen aos areais.

As praias do norte no país son extensas e non hai problemas para garantir a distancia social; e, aínda que hai cidadáns que continúan confinados, os espazos públicos vanse enchendo de xente cada vez máis animados polo Goberno. Mañá a situación continuará igual, poida que cun chisco máis de calor.

Noticias web

26/05/2020