CRTVG

Buscar

Acordo unánime do Parlamento para demandar a Renfe a mellora da conexión con Barcelona

Publicado o 21/11/2019 15:01
Acordo unánime do Parlamento para demandar a Renfe a mellora da conexión con Barcelona

Acordo unánime do Parlamento de Galicia para demandar a Renfe a mellora da conexión ferroviaria da nosa comunidade con Barcelona.

A iniciativa, presentada polo grupo popular, insta o Estado a que Renfe non implemente modificacións que poidan incrementar a duración da viaxe, como, por exemplo, a utilización de locomotoras de mercadorías, un posible cambio que, segundo os populares, estaría barallando a empresa pública de transporte.

Tamén pide que se aumenten as frecuencias desta liña e que se reduzan os tempos do traxecto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/11/2019