CRTVG

Buscar

Acordo inmimente para investir a Sánchez antes da noite de Reis

Publicado o 30/12/2019 09:39

Este mesma semana, despois das badaladas de fin de ano, pero antes dos regalos dos Reis. O pleno da investidura de Pedro Sánchez podería chegar, por fin, o día 5, despois da luz verde do Consell Nacional de Esquerra Republicana. A reunión da dirección independentista celebrarase nos próximos días e xa se dá por feito que van ratificar o acordo co PSOE. A Esquerra faltaríalle ratificar o acordo no seu Consell Nacional e ao PSOE darlle luz verde ao pacto nunha executiva federal que se celebraría tamén esta semana.

As negociacións danse tacitamente por pechadas tras concluír o pasado venres o documento que esplicitaría o formato dunha mesa de negociación entre gobernos para canalizar o problema político catalán.

Unha noticia que celebran desde o Goberno e tamén desde sectores do nacionalismo catalán; desde Unió, por exemplo, fronte ao inmobilismo de Junts Per Cat, eloxian a opción polo diálogo de Esquerra.

Chega a noticia da inminmente investidura ao mesmo tempo que o fará o informe da Avogacía Xeral do Estado, que previsiblemente, e na liña que xa seguira anteriormente, se pronunciará a favor de que Junqueras abandone temporalmente a prisión para recoller a súa acta como eurodeputado. Malia que o informe non é vinculante -quen decide finalmente é o Supremo-, as constantes críticas da oposición provocaron que a Asociación de Avogados do Estado publicase onte un comunicado rexeitando calquera tipo de inxerencia ou presión e lembrando que son servidores públicos por oposición para garantir o sometemento á lei e ao dereito.

Mentres tanto, o PP apela aos baróns do PSOE e buscará o seu posionamento contrario ao pacto con Esquera na Comisión Xeral das Comunidades Autónomas do Senado.

Outros deses dirixentes territoriais, como o valenciano Ximo Puig, xa se posicinou en favor da conformación do goberno e amosou a súa estrañeza porque "ao resto dos presidentes autonómicos tamén lles interesa que o goberno funcione en plenas facultades", dixo.

Na repleta axenda da semana, tamén debería quedar tempo para que PSOE e Podemos expliquen publicamente os termos concretos do seu programa de goberno, que, dixeron, ían facer público antes da investidura.

Noticias web

30/12/2019