CRTVG

Buscar

Achégase unha vaga de calor a España pero non tocará Galicia

Publicado o 23/06/2019 18:56

Mentres o verán parece facerse de rogar aquí en Galicia, boa parte de España pasa calor. Hoxe as temperaturas son especialmente altas no nordeste penínsular. A AEMET ten en aviso amarelo Aragón, Navarra e a provincia de Lleida, con máximas que roldan os 36 graos.

Prevese que os termómetros sigan subindo e ocasionen a mediados de semana a primeira vaga de calor do verán, co mercurio por riba dos 40 graos e noites tropicais no Val do Ebro, no Mediterráneo, no centro e no sur. Aquí continuaremos con tempo revolto.

Noticias web

23/06/2019