Achéganse aos 1.000 os casos nas escolas infantís e centros de ensino non universitario de Galicia
Publicado o 28/10/2020 21:01
Achéganse a mil os casos de covid-19 nas escolas infantís e nos centros de ensino non universitario de Galicia.
En concreto son 914 os contaxios activos e son 479 os centros educativos con, polo menos, algún caso. Con todo, só hai dous centros pechados, que son a escola infantil Golfiños de Lugo e máis o punto de atención infantil de Boborás.
A Xunta está ultimando o plan para o ensino a distancia por se a situación nos colexios se agrava.
Máis sobre actualidade
08/03/2021 22:48
08/03/2021 21:45