CRTVG

Buscar

Acéndese a polémica sobre o futuro do centros de ensino especial

Publicado o 29/04/2020 15:12

Hoxe remata o prazo para presentar emendas parciais á nova Lei de educación, e faino coa polémica aberta arredor dos centros de ensino especial. Nun dos apartados, a nova lei pídelles aos centros ordinarios que estean preparados para que nun prazo de dez anos poidan atender alumnos con todo tipo de discapacidades, deixando os centros especiais para casos de atención máis concreta.

Unha medida que está a ser criticada dende distintos colectivos, que pensan que a reforma deixa a porta aberta para o peche futuro destes centros de ensino especial.

Dende o Ministerio insisten en que a nova lei da cumprimento aos dereitos recollidos na Convención internacional de persoas con discapacidade.

Noticias web

29/04/2020